O PP reclama a adxudicación e execución da rehabilitación do firme da N-642

O Grupo Provincial do PP conseguiu no Pleno de hoxe, unanimidade para que a Deputación demande a Fomento a axilización da adxudicación e execución da obra de rehabilitación estrutural do firme da N-642 na Comarca da Mariña, entre Barreiros e San Cibrao.

O deputado popular, Demetrio Salgueiro, recordou que esta vía, “a principal arteria da Mariña lucense cunha carga de tráfico importante e máis no verán como vía de acceso ás praias, precisa unha reparación urxente”. De feito, “ao aumento de afluencia de visitantes durante o verán hai que engadir o paso, en setembro, dunha importante proba como é La Vuelta ciclista a España. Neste estado, será complicado o paso dos ciclistas profesionais pola Mariña”, como recordou Salgueiro.

Os deputados populares aplauden que a presentación desta moción xa cumprira o seu obxectivo co anuncio que recollía hoxe a prensa da rehabilitación do firme para o vindeiro mes de setembro. Nese sentido, o deputado mariñán quixo trasladar o apoio dos populares a esta infraestrutura.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com