Cultura urbana nas prazas da cidade co programa +Xtí

A programación do +Xtí, organizada polo Concello de Lugo e subvencionada polo Plan Nacional de Drogas, ofrece para os vindeiros días diversas xornadas de cultura urbana en distintas prazas da cidade. Todas as actividades serán de balde.

Mañá mércores, 8 de agosto, celebrarase unha masterclass de hip-hop a cargo dos artistas Cedecé & Che Cho + Se-ven na Praza Maior, de 18:00 a 20:00 horas. Para os que prefiran o estilo de música techno, o Concello ten preparado un obradoiro de Dj na Praza da Soidade das 19:00 ás 22:00 horas, da man de Elektor.

A Praza Horta do Seminario será a encargada de acoller a actividade do xoves, unha xornada lúdica para sensibilizar sobre o uso indebido do alcol e as drogas. Será de 16:30 a 21:00 horas e está composta dun primeiro stand informativo sobre os servizos que ofrece a área de prevención de drogodependencias do Concello, así como dos perigos do consumo de alcol e outras drogas; onde se explicará o funcionamento, a dinámica e os obxectivos que se pretenden con esta actividade lúdico-educativa. Posteriormente, un segundo espazo destinado á realización de distintas probas, que permitirán experimentar os diferentes efectos do consumo de drogas ou alcol, en calquera actividade, por sinxela que sexa; traballando así a toma de decisión ante distintas situacións. Será a través de gafas de simulación, que sen perigo para a persoa participante, desenvolvan a súa sensibilidade de cara o perigo que supón o consumo excesivo de alcol. As gafas amosarán claramente as alteracións na vista, a apreciación máis difícil das distancias, a capacidade máis lenta de reacción ou o campo de visión máis estreito, entre outros.

Para elo, a Praza Horta do Seminario dividirase en distintas estacións: Un circuíto de karts a pedais, no que se deberá completar un percorrido nunha pista con obstáculo, tanto coas gafas como esen gafas, para apreciar a dificultade da execución da proba simulando o consumo de alcol; Un circuíto combinado, no que se deberá cmaiñar sobre unha liña de cinta adhesiva no chan e un recorrido de conos; Proba combinada de habilidades oculomentais, con lanzamento de balóns; E por último, unha proba de habilidades

O venres de tarde, de 16:00 a 20:00 horas, a Praza do Castiñeiro será escenario de exhibición de freestyle football e de dous obradoiros, un de slackline e outro de breakdance. Este mesmo espazo tamén acolle ata o día 10 a renovación do seu mural co obradoiro de graffiti Lugo Mola, enmarcada dentro desta programación, así como actividades de manualidades creativas e retos científicos os martes, mércores e venres, de 12:00 a 13:30 horas, ata o 5 de setembro.

Este domingo tamén rematarán os xogos tradicionais interxeracionais desta programación, na Praza Roxa, das 18:30 ás 20:30 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com