SUPLUSA pagará as nóminas aos seus traballadores

O Goberno da Deputación celebra que a Sociedade Urbanística Provincial, SUPLUSA, acate a orde dada polo organismo provincial e efectúe o pago aos 29 traballadores aos que a Sociedade Mercantil lle adebeda as nóminas. Finalmente, SUPLUSA nomeou a un traballador da Sociedade como interventor accidental, o que demostra que “só buscaron utilizar ao persoal de SUPLUSA como ferramenta política, creando un problema onde non o había”.

Disolución de SUPLUSA

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, trasladou onte mesmo ao Partido Popular a súa proposta para disolver SUPLUSA e estudar a integración dos traballadores no organismo provincial, tal e como aconteceu coa TIC. Sería un procedemento que, de contar co apoio do PP, se podería realizar nun tempo estimado de 2 meses”.

Segundo o goberno da Deputación de Lugo “O que buscamos con esta disolución, tal e como leva defendido Campos Conde durante os últimos meses, é buscar as vías legais para ofrecer unha solución con garantías aos traballadores de SUPLUSA e estudar a súa integración no organismo provincial, ademais de simplificar as estruturas da administración, o que nos permitiría aforrar custos”.

Manuel Martínez

O Presidente de Suplusa Manuel Martínez,  fixo unhas declaracións por mor do que está a acontecer  estes días na Sociedade Provincial nas que suliñaba que “creo que a situación na que está sumida a Sociedade por culpa única e exclusivamente dos dirixentes da institución é algo inaudito”

Martínez  tamén facía referencia a un acordo de SUPLUSA onde se tomou a decisión de entregar unha copia das chaves da Residencia de A Fonsagrada á Deputación, xa que o organismo provincial, mediante escrito solicitou a Suplusa dito xogo de chaves, aínda que suliñou que este “xogo xa estaba a súa disposición”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com