O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, vén de asinar un decreto no que proclama, de maneira definitiva, a nova Xunta Directiva da Escola Municipal de Música, que foi elixida tras votación secreta no seo do claustro da propia escola.
A nova dirección do centro municipal, elixida para os dous próximos cursos escolares, está formada polo director, Carlos Méndez, o vicedirector, Rosendo Ivorra, a secretaria, María Mercedes Autrán, e o xefe de estudos, Aquilino Piñeiro.