Lugonovo propón repintar as sinalizacións horizontais de tráfico aproveitando o período de vacacións

“Aproveitar que o presente mes de agosto é período vacacional no calendario escolar e tamén rexistra un menor volume de tránsito rodado na cidade para aquelar a sinalización horizontal en numerosas zonas de Lugo”, esa é a idea que Lugonovo puxo hoxe sobre a mesa por boca do concelleiro Víctor Álvarez.

O estado de moitos pasos de peóns, frechas de dirección e indicadores de velocidade, así como paradas de autobús ou zonas de carga e descarga, supón unha ameaza para a seguridade dos peóns e para a orientación dos condutores. “Nun mes eminentemente vacacional como o de agosto, con menor actividade na cidade, é máis factible levar a cabo as reformas necesarias causando as menores molestias e alteracións na rutina das persoas que circulan por Lugo”, defendeu o concelleiro de Lugonovo.

“Agora mesmo, cos orzamentos aprobados, non existe ningún motivo para permitir que a situación se manteña ata o mes de setembro, cando será moito máis difícil de resolver” engadiu.

Entre os lugares que a xuízo de Lugonovo precisan dunha intervención urxente, atópase o entorno da Avenida da Coruña, ademais da Avenida de Madrid, Avenida de Magoi ou Estrada da Granxa. En moitas destas zonas “chove sobre mollado” porque “aínda no pasado mes de abril alertabamos sobre a perigosidade dos pasos de peóns co pintado degradado” lembra o concelleiro.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com