Lídia Senra denuncia ante a CE que se estea utilizando como aparcadoiro o castro lucense de Benquerencia

A eurodeputada galega Lídia Senra ven de poñer en coñecemento da Comisión Europea (CE) a situación que se está a vivir no Castro da Punta de San Pedro de Benquerencia, no concello lucense de Barreiros, onde a pesar de ser unha zona protexida, se está a utilizar ese espazo como aparcamento de vehículosSenra rexistrou este luns en Bruxelas un escrito dirixido á CE no que amosa a súa preocupación por esta situación e polo deterioro que poida estar a sofrer o xacemento castrexo sen que as Administracións galegas fagan nada. Por iso, e tendo en conta que este 2018 se está a celebrar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural, a europarlamentaria decidiu denunciar estes feitos ante a CE.

 Senra explica no seu escritoque este antigo poboado fortificado da idade do ferro está incluído no catálogo urbanístico municipal como espazo protexidoe a súa cualificación é de solo non urbanizable de protección patrimonial. Así mesmo, informálle á Comisión Europea de que as entidades Mariña Patrimonio e Adega denuncian que o uso que se lle está dando non é compatible con estas figuras de protección e que a utilización deste espazo como aparcadoiro podería estar provocando danos nun ben patrimonial especialmente vulnerable. “Parece obvio que permitir aparcar autocaravanas enriba dun ben patrimonial, como o xacemento arqueolóxico do Castro da Punta de San Pedro de Benquerencia, contravén claramente as prácticas de protección do patrimonio cultural europeo”, defende a eurodeputada.

Senra pregúntalle á Comisión Europea que recomendacións fai para frear a constante deterioración do noso patrimonio e se podería actuar ou sancionar ás Administracións que non cumpran cos parámetros de protección, como é este caso. A Comisión Europea deberá dar unha resposta nun prazo de entre 4 e 6 semanas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com