Ramón Carballo preside a reunión da Comisión Mixta Provincial de Coordinación da Seguridade Privada

A Comisión Mixta Provincial de Coordinación da Seguridade Privada, reuniuse esta mañá na sede da Subdelegación do Goberno en Lugo, para analizar a situación do sector na provincia.

O subdelegado Ramón Carballo presidiu a xuntanza á que asistiron representantes de Policía Nacional, Garda Civil e Policía Autonómica, ademais de diferentes asociacións e colexios profesionais da provincia, empresas de seguridade,  Asociación Galega de Gardas de Campo e os sindicatos UGT, CC.OO e USO.

No encontro espuxéronse ademais, as modificacións normativas introducidas pola nova Lei de Seguridade Privada, que se aprobou o pasado mes de abril e entrou en vigor dous meses máis tarde. A nova lei representa un tratamento total e sistemático da seguridade privada no seu conxunto, coa pretensión de abarcar toda a realidade do sector no noso país ao tempo que o prepara para o futuro. Resposta tamén deste xeito ás demandas dos profesionais da seguridade privada en aspectos claves como a loita contra o intrusismo profesional.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com