Xa nos chamaran á redacción avisando de que detectaran velutinas nalgúns contedores de vidro do concello, e onte puidémolo comprobar e mesmo fotografar.
Dende Xornal de Lugo pedimos que se tomen as maiores precaucións cando calquera persoa vaia depositar no contedor verde botellas para a súa reciclaxe, xa que si se introduce moito a man ou non se fai rápido e no contedor hai velutinas, estas saen de dentro do contedor e se non se anda listo poden atacalo.
O que debería facer o concello e solicitarlle á empresa concesionaria dos contedores que colocaran nos ocos por onde se introducen as botellas un sistema cunha goma ou plástico que ao presionar deixara introducir as botellas e logo pechara, deste xeito as velutinas ou calquera outra especie non poderían entrar.
Asemade tanto a Xunta de Galicia como os concellos deben avisar á cidadanía para que tomen precaucións.