Lugonovo Lugonovo

Lugonovo critica a pouca utilidade do sitio web municipal actual

A portavoz de Lugonovo  criticou que “o sitio web  do Concello  de Lugo, “non está  actualizado é  pouco intuitivo e, por riba, en situación irregular logo de que o seu contrato teña caducado a comezos do mes de xullo”. Este é o panorama da que debera ser a ferramenta de presenza dixital do concello  que debuxou hoxe Cristina Pérez Herraiz. A portavoz municipal de Lugonovo puxo en dúbida a utilidade real que pode ter a web municipal para as persoas que precisen de información sobre aspectos institucionais e de xestión, “se temos en conta que os únicos apartados que se actualizan regularmente son as novas e a axenda municipal”.

“Atopámonos cun grande número de seccións inoperantes polo feito de atoparse desactualizadas” salienta Pérez Herraiz, e puxo como exemplo “o caso da sección de Obras no apartado de Rexistro Municipal, que non ten ningunha actualización dende 2013”. “Cinco anos de atraso na información pertinente sobre as obras que acomete o Concello de Lugo: isto é unha administración accesible para a cidadanía?” preguntouse a portavoz municipal. Outras seccións coma o Rexistro de Convenios só reflicten datos máis recentes, concretamente ata 2017, “pola reclamación insistente de Lugonovo no seu momento”, lembra.

Pérez Herraiz convidou ao goberno municipal a “poñer o Concello no século XXI” a través dunha presenza web “operativa” que permita á cidadanía unha relación máis fluída, transparente e cómoda no seu día a día coa administración municipal. “Preguntámonos se a forma que o Concello pensa que debe ter unha veciña de Lugo de conseguir información sobre obras na súa rúa é a través dun telefonazo ou tendo que desprazarse en horario de mañá” acrecentou.

“Entendemos que se trata dunha situación inxustificable que podería resolverse, simplemente, mediante a oportuna renovación do contrato municipal e un escrutinio meticuloso do seu cumprimento” xulgou Cristina Pérez, quen quixo lembrar tamén outro dos puntos febles da estrutura dixital do Concello: a web de Transparencia. “Hoxe en día é pouco máis que un agregador de ligazóns á propia páxina web do Concello sen contido propio” explicou,

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com