O concurso de tapas de Lugo chega con forza á súa décimo cuarta edición, con récord de participación, 47 propostas distintas. A cita será do 7 ao 23 de setembro noutros tantos establecementos da cidade.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL), presentaron este luns, xunto ao presidente da Denominación de Orixe Ribeira Sacra na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a nova edición deste certame, que volverá a dar a oportunidade de saborear o mellor da gastronomía local luguesa en pequenos bocados ao longo de 16 días.
As tapas estarán dispoñibles para o público como mínimo de 13:00 a 15:30 horas e de 20:00 a 22:30 horas. As persoas consumidoras votarán as tapas mediante o cupón de votación individual, que terá que ir selado polo establecemento correspondente e cuberto cos seus datos. A valoración é do 1 ao 5 e todos os cupóns entrarán no sorteo de distintos premios. Existe tamén un folleto para o seu selado, que se conta, como mímino, por 23 establecemntos optarase a unha viaxe dunha fin de semana a unha cidade europea para dúas persoas. O xurado popular elixirá o local gañador do concurso e e un xurado técnico o primeiro, segundo e terceiro premio, así como as maridaxes, tanto con Estrella Galicia como con viño Ribeira Sacra.
Os establecementos participantes
Os 47 locais participantes neste concurso son os seguintes: 3 Pés, Abrente, Adega Correxais, Antas, A Laxa, A Rotonda, As Brasas, As Landras, Arrocería Os Cachivaches, Bulló Xantar, Campos, Canela Bakery Coffee, Casa D`Auga, Casa Paco, Cunca do Cantiño, Curruncho A Nosa Terra, Eduri, El Boni Parrillada, El Consulado, El Riba, España, La Cosechera Gallery, La Cosechera Transandinos, La Encina, Las Cinco Vigas, Legends Café, Manuel Manuel, Medievo, Mesón Colón, Mesón de Alberto, Mesón El Castillo, Mesón Pulpería O Castelo, Millenivm, Mom&Beer Cocktail, O Castor, O Cincuenta e Seis, O Figón, O Mercado Street Food, Paprica, Parrillada Antonio, Parrillada Fonsagrada, Porta da Estación, Rosalía de Castro, Saxo, Taberna Daniel, Tía Julia e Tosar.
Máis información en www.xantardetapas.com