A tenente-alcade da Pastoriza, Elva Carrera, acompañou nunha visita ao Parlamentario do BNG Xosé Luis Rivas “Mini” para coñecer a problemáticas das explotacións agro-gandeiras na comarca da Terra Chá. Rivas xa anunciou que o BNG levará ao Parlamento Galego diversas iniciativas para que a Xunta interveña “con accións tanxibles” para dar solución a unha das maiores dificultades polas que atrevesa o sector neste momento como é a falta de man de obra para as explotacións. “Dende a Xunta poderíanse promover accións formativas encamiñadas a que as persoas en situación de desemprego poidan acceder ao mundo laboral no sector agro-gandeiro” dixo o Parlamentario do BNG.
“A escaseza de man de obra local, e as dificultades para a contración de persoas extranxeiras son un dos maiores problemas do sector” destacou Elva Carrera. A tentente-alcalde no concello da Pastoriza sinalou, tamén, as dificultades burocráticas coas que se atopan as explotacións que optan pola contración de man de obra extranxeira dadas as trabas administrativas para a regularización dos inmigrantes ademais referiuse á necesidade de dar formación específica para extranxeiros no relativo ás tarefas propias das explotacións e tamén no referido ao coñecemento do idioma.
Base territorial
Outro dos problemas cos que se atopa o sector agro-gandeiro é a imposibilidade de ampliar a base territorial das explotacións. O Parlamentario do BNG, Xosé Luis Rivas, lembrou a necesidade de recuperar e potenciar iniciativas como o Banco de Terras que fora posto en marcha polo BNG pero coa chegada de Feijoo á Xunta quedou totalmente paralizado.