O Goberno de Lugo convoca 12 prazas de bombeiro/a-condutor/a, concretamente 6 pertencentes á oferta pública de emprego (OPE) do 2015 e outras 6 incluídas na oferta pública de emprego de 2016. Así o avanzou o Concelleiro de Persoal e Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro, quen indicou que se trata dun proceso selectivo de oposión por quenda libre.
Tal e como se publica no anuncio do Boletín Oficial do Estado, o prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais dende hoxe, é dicir, ata o 9 de setembro. O Concello convocará no menor prazo posible as diversas probas.