A voceira de Cidadáns Olga Louzao, denuncia que alcaldesa continúa atrasando o derribo das torres do Garañón. “En marzo deste ano, desde Ciudadanos xa afirmamos que a alcaldesa non ten ningunha intención de tirar as torres do Garañón e que o único que estaba intentando facer era dilatar a execución das sentencias pasando a pelota á Xunta de Galicia”, afirma Louzao.
Sobre o edificio do Garañón pesan dúas sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e unha resolución en firme que obrigan ao Goberno Municipal ao derribo do edificio. “Nosoutros xa sabíamos que a Xunta de Galicia esixiría ao Goberno de Lara Méndez a que cumprise coas súas responsabilidades e deixara de dar voltas ao asunto, así que as reunións do conselleiro de urbanismo Daniel Piñeiro cos técnicos da Xunta parece que foron infrutuosas”, considera a voceira de Cidadáns.
“Nosoutros solo pedimos á alcaldesa que deixe de eludir as súas responsabilidades, xa que vendo a súa valentía e capacidade de decisión, xa que ante este asunto dubidamos que sea a alcaldesa que tire as torres tal e como prometeu no 2017” remata Louzao.