O BNG pide mellorar o cruce de peóns entre as rúas República Arxentina e Santiago

As obras na Avda.República Arxentina dan pé aos edís do BNG para demandar a mellora do paso de peóns no cruce desta rolda coa rúa Santiago. Os edís dclaran que”dende hai anos tanto dende o BNG como dende a veciñanza da zona vénse reclamando unha solución para o tránsito de persoas na confluencia da ronda do Carme coa Av. República Arxentina e coa rúa Santiago pola dificultade que lle supón chegar dende a beirarrúa da Av. República Arxentina ao paso de cebra da rúa Santiago.Nesta intersección atopámonos con que é practicamente cruzar, dado que o semáforo nalgúns casos ponse en verde para peóns cando veñen os vehículos, ou hai tramos sen beirarrúa e con moita pendente como é o caso do semáforo da rúa Santiago na parte baixa do cruce”.

Rubén Arroxo sinalou tamén que “hai que dar unha solución a curto plazo para facilitar o paso, máis aló do que se pretenda facer parte cos fondos EDUSI” e o propio concelleiro nacionalista considera que este pode ser o momento óptimo dado que está en proceso de contratación a mellora do pavimento da propia avenida “cremos que xa que se vai levar adiante unha obra que vai supoñer cortes na propia calzada, se debería aproveitar para executar a beirarrúa no entorno dos semáforos nos puntos onde aínda faltan”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com