Obras de pavimentación en sete viais da cidade e do rural

O Voceiro Municipal, Miguel Fernández, anunciou este mércores, que o Executivo Local deu luz verde á contratación de obras de pavimentación en 7 viais da cidade e do rural por un importe total de ao redor duns 317.000 euros.

En concreto son as seguintes: Vial dende Milleirós á Tolda de Milleirós, cun prazo de execución de dous meses e rúa dos Chaos e Camiño de Liñares,  cun prazo de execución de dous meses. Os traballos nestas tres vías, pertencentes á parroquia de Meilán, están enmarcados dentro do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2018, impulsado pola Deputación.

Dentro do Plan de Barrios do Goberno acometeranse obras no acceso e contorna da igrexa de Sagrado Crazón e un prazo de execución de dous meses e na rúa Monte Adairo e Monte Pía Paxaro (nas Gándaras), e un prazo dun mes de execución.

Asemade e dentro da liña de subvencións autonómicas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais acometeranse obras na rúa Artesáns.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com