A Xunta colabora na adquisición dun vehículo para A Pastoriza

A Xunta de Galicia destina 13.500 euros ao concello da Pastoriza para a adquisición dun vehículo para o Servizo de Augas municipal, que será utilizado para a realización de tarefas de control, mantemento e conservación da rede de abastecemento.

O delegado territorial do goberno autonómico en Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que “a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza achega o 60 por cento do orzamento do vehículo no marco da colaboración coas facendas locais, para que os concellos poidan desenvolver as súas competencias cos medios axeitados e co menor custo posible para eles”.

Neste caso, o investimento do Goberno galego “reforza o parque móbil municipal en base ás necesidades do Servizo de Aguas, que debe supervisar as redes de abastecemento e desprazarse aos diferentes depósitos de cabeceira, algúns de difícil acceso. Trátase dun vehículo Cross Over,  que reúne as características dun turismo e a posibilidade de adoptar en determinadas situacións as vantaxes dun todoterreo”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com