Un motorista resulta ferido grave ao bater contra un camión en Baleira

A última hora da tarde de onte o servizo de emerxencias de Galicia recibía unha chamada de alerta por mor dun motorista que sufriu lesións graves ao bater cun camión na Esperela, en Baleira. Para atender ao ferido, un equipo médico do 061-Urxencias Sanitarias desprazouse ao lugar do accidente a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Tamén acudiron membros da Garda Civil de Tráfico tras o aviso do persoal do CIAE.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com