Este domingo celebranse dúas festas que ninguén debe perderse. Tratase da Festa do Cabalo de Escairón, no Concello de O Saviñao, que terá lugar o domingo 26 e reunirá a máis de 100 xinetes. A Deputación cunha achega económica promove esta cita que organiza a Asociación de Cabaleiros de Escairón.
Tamén no Incio as Danzas da Cervela, terán lugar a partires do domingo. Trátanse dunhas danzas ancestrais, cuxo orixe se sitúa hai máis de 500 anos. O Goberno Provincial financia este evento cunha achega económica, que se inclúen dentro das axudas para a programación cultural do Concello do Incio.