Esta tarde, ao redor das 16:00 horas tivo lugar un incendio nunha palleira no lugar Xestoso, na parroquia de Mato en Taboada. O lume deixou calcinados varios rolos de herba seca. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume non chegou a afectar á estrutura do alpendre nin tampouco a un depósito de gasóleo situado no interior da construción.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos a través da alerta dunha persoa particular e, nada máis recibir o aviso, dende o CIAE 112 Galicia puxose a situación en coñecemento da Garda Civil, do GES de Monterroso, de Protección Civil e dos Bombeiros de Chantada.