Un home faleceu esta maña e quince persoas resultaron feridas nunha colisión entre un microbus e un coche en Bóveda. Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, o varón era o único ocupante do turismo e tivo que ser excarcelado polos bombeiros de Sarria ao quedar atrapado no interior do vehículo.
As quince persoas feridas viaxaban no microbús e foron trasladadas a distintos centros médicos. Segundo se lle informou ao 112, no microbús ían dezaoito persoas. O sinistro tivo lugar no quilometro 40,800 da CG-2.2 ao redor das 8 da maña