A Deputación pon en marcha o Consello Provincial de Turismo

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde avanzou que o Executivo Provincial está executando os pasos para poñer en marcha o novo Consello Provincial de Turismo da Provincia. “Unha vez publicado no BOP, o pasado 5 de maio, e non presentándose ningunha reclamación, o texto normativo queda aprobado definitivamente. Por iso esta mesma semana puxémonos en contacto coas asociacións e entidades que forman parte deste novo ente, para que nos comuniquen o nome das persoas que formarán parte deste Consello.

Esta actuación forma parte do Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo (2017-2020), co que o Goberno Provincial esta desenvolvendo actuacións concretas, para impulsar o crecemento e a transformación do sector turístico na provincia, na procura dun modelo máis competitivo e rendible. Esta nova entidade foi reclamada polo propio sector dentro das mesas de traballo que se realizaron en torno a este Plan.

 Prazo ata o 14 de setembro

Trala súa publicación no BOP, o Executivo Provincial, xa puxo pon en marcha o proceso para poñelo en funcionamento, demandando a todos os organismos implicados que nomeen o seus representantes en dito Consello. Todas as organizacións e asociacións implicadas neste proxecto teñen de prazo ata o 14 de setembro para comunicar á Deputación, mediante un escrito no Rexistro, o nome e os datos da persoa que formará parte deste novo organismo de participación.

Están convocadas un total de 26 institucións, relacionadas co turismo na nosa provincia, entre as que se inclúe, a USC, a Federación Galega de Comercio, o Clúster de Turismo de Galicia, a Asociación Provincial de Empresarios da Hostalaría, a Federación Galega de Turismo Rural, a Asociación Galega de Axencias de Viaxe, un representante de Auxilia, así como representantes de grupos políticos, entre outras.

Plan Estratéxico de Turismo da Provincia

Con este Plan Estratéxico, completamente participativo e aberto; establecéronse 4 eixes, 6 liñas estratéxicas, 14 plans de actuación e 71 accións a impulsar. Algunhas das actividades concretas , entre as que se atopa a creación deste Consello de Turismo  provincial e participativo, un plan de sinalización vinculado ás novas tecnoloxías, mellorando a accesibilidade aos recursos turísticos da provincia, o impulso á organización de eventos relacionados coa gastronomía, fomento dunha rede de eventos culturais da provincia de Lugo, entre outras.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com