Ao fío das 00:00 horas desta noite, unha muller alertaba ao 112 dun incendio na súa vivenda, na Rúa do Cruzamento, na cidade de Lugo. Indicaba que facía unha hora que se producira o incendio no salón da súa casa e que fora apagado polos veciños con extintores pero o lume reproducirase. Aseguraba que estaba sola na vivenda e que se atopaba ben.
Ata o lugar, acudiron os bombeiros da cidade e a Policía Local que nada mais chegar, os axentes, solicitaron asistencia sanitaria para a muller debido á inhalación do fume provocado polo lume.
Tras apagar o lume, os Bombeiros indicaron que arderon mobles no salón da casa e que, a dona da vivenda, finalmente, non precisou ser trasladada, iso si, foi atendida no punto polo persoal sanitario.