Unha persoa resultou ferida esta mañá despois de envorcar o tractor que conducía ao seu paso pola localidade de Muras.
O accidente ocorreu nunha finca situada no lugar de Pardiñas, onde a vítima facía traballos co vehículo agrícola. Sobre as 11:30 horas, un particular informaba ao 112 Galicia dun tractor envorcado e cunha persoa ferida e accesible no interior da cabina. Pensaba que non eran precisos os medios de excarceración. Aínda así, os xestores do CIAE ademais de alertar ao 061-Urxencias Sanitarias, puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil e dos Bombeiros de Vilalba, que se desprazaron igualmente ata o punto.
Tras chegar ao lugar, os Bombeiros descartaron o uso do material de excarceración, polo que, non foi precisa a súa intervención para a evacuación do ferido.