PP e PSOE seguen enzarzados pola licencia da antiga Residencia

A licencia para a contrucción  dun centro de saúde en A Residencia segue xerando controversia entre PP e PSOE.  O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no concello, Antonio Ameijide explicou que “a solicitude de licenza coa copia e soporte dixital en CD do proxecto de obra do Centro Integral de Saúde da Residencia se remitiu na data que onte anunciamos” (18 de xullo de 2018) e “temos o certificado conforme estes dous envíos se recibiron no Concello de Lugo o 20 de xullo de 2018 ás 11:33:14 horas, envíos que se remitiron á atención da alcaldesa de Lugo”.

Segundo o popular “estes documentos certifican que “minten descaradamente cando din que non recibiron hai máis dun mes o proxecto, minten na data de recepción e o Grupo Municipal do Partido Popular o demostra”.

Pero, o concello di que so recibiu a petición de licencia pero que faltaba o proxecto e sen el non se pode conceder a licencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com