A actriz Marta Larralde será a encargada de pechar a programación do Campamento Urbano cunha masterclass. Esta clase esta enmarcada dentro das actividades gratuítas do Campamento de Teatro Urbano, que organizan Deputación e Concello. A cita é mañá venres día 31 ás 19:00h no Salón de Actos da Deputación. A entrada é de balde ata completar aforo o dispoñible.
Todos os asistentes poderán plantexarlle á actriz todas as dubidas e cuestións sobre a súa traxectoria profesional. A actriz interactuará cos nenos asistentes a través de diversos xogos e compartirá co público a súa experiencia persoal no mundo da interpretación, dando a coñecer máis profundamente a súa traxectoria profesional. Larralde protagonizou recentemente, na serie Fariña, o papel de Nieves, a primeira esposa que tivo Sito Miñanco.