Nova proposta para que se elimine o tapón de Montero Ríos

Tras o paso dado por parte da xunta de goberno municipal de cara a avanzar para dar solución, tantos anos despois, á confluencia da rúa San Roque co carril das Flores, dende o BNG propoñen que “se avance na zona e se elimine a barreira urbanística que dende hai anos leva ocupando o número 2 da rúa Montero Ríos”. Maite Ferreiro explicou que “ese punto é problemático dado que a beirarrúa queda moi reducida nunha rúa con moito movemento peonil”. Ademais a concelleira nacionalista dixo que esa zona ten un gran valor,  “temos o Camiño Primitivo xusto aí, e no mesmo punto un predio valado con chapa dende hai anos, que fai de barreira urbanística e que crea unha imaxe bastante negativa a nivel estético”, indicando tamén que “ese solar se atopa cheo de maleza e incluso de lixo”.

Para a concelleira do BNG, esa zona da cidade leva tempo en abandono, e a veciñanza adoita a queixarse da falta de atención e coidado.

Ademais nesta liña a edil tamén sinalou que “xusto despois de dita barreira hai unha parada de bus, o cal dificulta aínda máis se cabe o paso pola acumulación de xente que se dá neste lugar”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com