Vendidas máis de 7.000 entradas para o World Padel Tour

O voceiro municipal e Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, informou de que a día de hoxe están vendidas máis de 7.000 entradas para os partidos que se disputarán en Lugo do World Padel Tour, o evento deportivo de carácter internacional que acollerá por primeira vez a cidade a vindeira semana. “Seguimos cos preparativos da competición número un a nivel mundial desta modalidade deportiva, coa que colaboramos dende o Concello porque entendemos que, ademais da transcendencia deportiva que ten, pois reúne aos mellores palas de todo o mundo, unhas 140 parellas, vai a supoñer un gran retorno económico, estimado en 1M€, así como acontratación de 50 persoas durante o tempo que dure o torneo. A isto hai que engadir a difusión mediática, que levará a imaxe de Lugo por todo o mundo”, subliñou o edil.

Os partidos do WPT retransmitiranse, tanto a través da canle GOL TV, como vía streaming a través dunha canle propia, para todo o mundo. Só esta última acumulou 2 millóns de visualizacións no torneo do ano pasado. As redes sociais do circuíto contan así mesmo con medio millón de seguidores. Os asistentes en pista rondan os 200.000, dos cales se estima que en Lugo serán 10.000, un 40% deles de fóra da provincia. Así mesmo, o evento terá cobertura mediática en medios especializados e xeneralistas de ámbito nacional.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com