Lugonovo denuncia que o goberno local trata as comisións municipais como mero trámite

Víctor Álvarez concelleiro de Lugonovo denunciou  que,  na comisión de Seguimento  do DUSI  o que primou foi “informes de xestión de 10 minutos en vez dun espazo de debate e comparación de proxectos e ideas para a cidade”. Neste órgano de traballo municipal , “foi onde a alcaldesa Lara Méndez se limitou a repasar o estado dun total de catro proxectos vinculados a esta Estratexia sen entrar polo fondo nun debate construtivo sobre cada un destes”.

Para Lugonovo , “as Comisións son un espazo importantísimo onde contrapoñer ideas e iniciativas que non atopan marxe no Pleno” pero, na xuntanza de hoxe, segundo subliñou Álvarez, “o goberno local limitouse a expoñer a situación de catro proxectos ligados ao DUSI”.

Para o concelleiro de Lugonovo, “esta situación é consecuencia lóxica da desidia con que o goberno municipal xestiona a cidade. Unha actitude que acaba por menosprezar as institucións e hoxe maniféstase nunha xuntanza á que acudimos como meros figurantes que non contaba, sequera, con orde do día”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com