O PP da provincia de Lugo trasladou esta información á Asociación de Viudas de Lugo no marco dunha reunión que mantiveron na tarde de onte na sede da asociación con algunha das súas socias e a presidenta do colectivo, Aurora Carro
Os populares lamentaron que “o Goberno central socialista se atribúa medallas” coa subida das pensións de viuvez porque “a mellora deste ano é posible grazas aos Presupostos Xerais aprobados polo Goberno do PP co voto en contra do PSOE”. Polo tanto, “os socialistas opuxéronse a esta suba nas pensións; pero, incluso, a portavoz do Goberno se atribúe agora esta modificación”.
Dende o PP lucense explicaron que “o PP deixou aprobados uns orzamentos cun incremento do 7,7% para as pensións de viuvez ao subir a base reguladora do 52 ou 56%. Isto supón un incremento de 50 euros de media na percepción mensual de cada pensionista. Pero, a maiores, o Partido Popular deixou aprobada tamén unha suba do 56 ao 60% da base reguladora das pensións de viuvez para o 2019 que se fará efectiva xa no vindeiro mes de xaneiro”. Os populares de Lugo recordaron que “o Goberno de Mariano Rajoy blindou as pensións cumprindo o seu compromiso de nin recortalas nin conxelalas”. De feito, “o Goberno do PP estableceu varias melloras nas pensións: a suba dun 3% para as pensións mínimas e non contributivas e dun 1,6% para as restantes ou a redución do IRPF que beneficia a un millón de pensionistas que, ademais de ver incrementada a súa percepción económica tamén verán mellorado o seu poder adquisitivo ao ter que pagar menos impostos”. Estas medidas contribuíron a que na provincia de Lugo a
pensión media de xubilación sexa de 787,41 euros, un 18, 27% maior que a finais do 2011.