15 días e 165 filmes conmemorarán o 40 aniversario da Semana do Cine de Autor

O Grupo Fonmiñá en compañía de membros da Deputación, o Concello, a Universidade de Santiago e a Xunta de Galicia, veñen de presentar hoxe unha nova edición da Semana Internacional do Cine de Autor (SICA) que, como conmemoración ao seu corenta aniversario terá unha duración de preto de 15 días comezando o luns, 10 de setembro e finalizando o venres 21. Con 165 cintas elixidas esta edición especial chega a Lugo con 13+1 ciclos diferentes en numerosas localizacións.

As 165 pezas participantes foron seleccionadas tras recibir máis de 1.500 longas, curtas e documentais de todo o mundo. Dentro da programación do festival, figuran 13 ciclos: Ciclo infantil, O mellor do ano, Sección Oficial, E para comer…Lugo, Arte de cine, Ciclo Cárceres, Grandes Historias, Cine Galego, Sección Especial, Encontros de Cine, Cine Nostálxico e Curtas de cine. Ademais da homenaxe a Rosario Dúrcal, actriz nada en Lugo e que triunfou en México.

O cartel desta edición é unha imaxe do Gran Teatro de Lugo que acolleu as 15 edicións, con fotografía de Eduardo Rodríguez Ochoa, e deseño de Lucia Yáñez Anllo. Todas as películas que se proxectarán na Biblioteca Municipal, Museo Provincial, MIHL, Vicerreitorado da Universidade (Casa do saber), Vello Cárcere, e no Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo, serán totalmente gratuítas. As cintas no Auditorio municipal Gustavo Freire, terán un prezo, dependendo do ciclo.

Na presentación de hoxe, estiveron presentes, o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, a Concelleira de Cultura, a Vicerreitora do Campus de Lugo da USC, Montserrat Valcarcel, o Presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz e o Director da Semana Internacional de cine de autor, Manuel Curiel. Todos eles resaltaron a importancia desta 40 edición e sobre todo o traballo que supón para a organización concentrar nunha quincena 165 filmes.

O Goberno Provincial é o principal patrocinador desta cita cinematográfica, pois colabora cunha achega económica de 35.000 euros, e a través da TIC, que elaborou un vídeo promocional para difundir o festival por toda a provincia. Asemade, oConcello de Lugo contribúe cunha achega de 18.000 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com