O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo atendeu unha petición dos veciños do barrio do Castiñeiro para achegarse ata a zona para escoitar as súas demandas, ante os novos sucesos acontecidos no barrio. Ata este senlleiro barrio lucense se achegaron os concelleiros Enrique Rozas, Manuel López e Mari Teijeiro que comprobaron in situ que o goberno socialista de Lugo nada fixo nos últimos meses por mellorar e solucionar os problemas existentes na zona.
Os populares comprobaron como o goberno local segue sen retirar unhas planchas de ferro, de grandes dimensións, que hai na beirarrúa na Avenida de Breogán e que, nos últimos meses, produciron varias caídas de veciños. Os veciños tamén insisten na necesidade de realizar unha campaña importante de desratización xa que segue na proliferar as madrigueras de ratas en zonas próximas a vivendas, cos conseguintes problemas de salubridade.
Tamén hai preocupación no barrio pola situación da finca onde estaba o antigo matadoiro de Abella xa que segue cheo de lixo, maleza e segue sen taparse un burato con varios metros de caída que supón un risco importante. Ademais é preciso corrixir barreiras arquitectónicas e outras intervencións de mellora da imaxe do barrio como a renovación de varios elementos do mobiliario urbano, así como o repintado dos pasos de peóns, xa solicitado en varias ocasións.