Continúa aberto o prazo para as axudas ao teatro profesional da Provincia

Continúa aberto o prazo, ata este sábado 8 de setembro, para participar nas axudas que promove a Deputación ao teatro profesional da provincia, a través do programa PROSCENIO. Na web do ente provincial está toda a información para complementar sobre esta nova convocatoria.

PROSCENIO está dirixido as compañías profesionais de teatro de carácter privado e con domicilio fiscal na provincia de Lugo, e conta cun investimento do organismo provincial de 25.000 euros. A través deste novo proxecto ademais de incentivar as compañías lucenses, contribuímos en mellorar a programación cultural, ofrecendo teatro profesional por toda a provincia e para que sexa asequible a todos os públicos.

O calendario de actuacións de representación das compañías lucenses será dende o 1 de novembro ata o 31 de decembro de 2018, e o caché de cada representación dependerá da tipoloxía e natureza das obras, que oscilarán como máximo entre os 4.000 e os 5.500 euros. Os Concellos ou Asociacións sen ánimo de lucro que desexen participar nesta iniciativa deberán aportar o 50% de cada actuación, e o restante correrá a cargo da Deputación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com