400 metros de varandas en 8 puntos da cidade mellorarán a seguridade peonil

O Concello de Lugo instalará uns 400 metros de varandas en 8 puntos distintos da cidade, o que mellorará a seguridade peonil. Así o avanzou o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, quen adiantou que as tarefas, enmarcadas dentro do Plan de Barrios, comezarán a partir do luns.

O orzamento para a subministración e instalación das varandas, de aceiro, galvanizadas e pintadas en cor azul, é duns 15.600 euros. Concretamente, irán nas seguintes localizacións: 115 metros na rúa Noriega Varela (un tramo de 6 metros na zona superior, de 67 metros na intermedia e de 42 na zona inferior), 62 metros na rúa Lamas de Prado, 27 metros na rúa Padre Gómez, en Monte Faro, 6 metros, na rúa Orquídea, 68 metros, e na Avenida Breogán, 16 metros. Ademais colocaranse 30 metros de pasamáns en Fontiñas, á altura do número 129, e 46 metros en Alexandre Bóveda.

Trátase dunhas actuacións que os propios veciños e veciñas lle demandaron á Alcaldesa nas súas distintas visitas aos barrios medidas que aumenten a seguridade viaria e faciliten a mobilidade e o tránsito de peóns.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com