A Xunta de Goberno Provincial aprobou este venres o proxecto e o prego das obras de mellora na estrada LU-P-2.101 de Friol a Parga, dotadas de 378.500 euros da Deputación. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, adiantou que a vindeira semana este contrato publicarase no Boletín Oficial da Provincia e abrirase o prazo de presentación de ofertas.
Tendo en conta os prazos legais, a previsión é adxudicar estes traballos en abril para a súa inmediata execución.
Manuel Martínez:
A sesión acordou tamén, contratar cun investimento de 50.000 euros o servizo de mellora e mantemento dos portais web da Deputación e de 34 Concellos da provincia que se puxeron en marcha a través do Innova-TE, o programa tecnolóxico do organismo provincial. Trátanse dos 34 municipios adheridos voluntariamente ao Innova-TE que quixeron esta prestación.
Son os seguintes: A Pastoriza, A Pontenova, As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Cervantes, Chantada, Guitiriz, O Incio, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Corgo, Paradela, Páramo, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra do Brollón, Pol, Quiroga, Rábade, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Taboada e Triacastela.