O Concello unifica dúas aulas da Escola Municipal de Música

O Concello está acometendo tarefas de mellora na Escola Municipal de Música. Concretamente trátase da unificación de dúas aulas pequenas para poder impartir clases teóricas ao alumnado da escola, xa que debido ao tamaño actual, non é funcional. Así o avanzou este venres o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, quen fixo fincapé en que é unha aula pequena e outra que non se viña utilizando debido ao seu reducido tamaño. De aí a unificación de ambas, cuxo resultado será un espazo máis práctico para clases, en principio para linguaxe musical.

As obras, que veñen de arrincar, contan cun orzamento duns 2.000 euros, e consisten na demolición do tabique de pladur, no peche do oco de porta con pladur, no repaso das paredes e teitos afectados, na reposición de pavimento na zona, na adaptación de instalación eléctrica mediante reubicacion de caixa de empalmes, no repaso de pintura do pasillo, no teito e nas paredes da aula, na desmontaxe de porta dunha das ulas e no subministro e colocación dunha nova porta.

O Goberno opta por estas actuacións co obxecto tanto de mellorar as instalacións municipais como de garantir as boas condicións ao alumnado desta escola, que cada ano conta cunha maior demanda, tendo no vindeiro curso, que comeza o luns, 17 de setembro, ao redor de 1.000 matrículas, incrementándose ano a ano.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com