O Voceiro do Goberno Provinccial, Álvaro Santos Ramos, asistiu esta tarde á 56 edición Travesía de Foz, na que participaron 400 padexeiros, con máis de 250 embarcacións de 30 equipos, chegados de toda Galicia e de Asturias.
O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta proba deportiva cunha achega 7.000 euros. Este investimento permite a organización desta tradicional Travesía, a terceira proba deste tipo máis lonxeva de España e a segunda de Galicia, posto que se organizou por primeira vez no ano 1962 e, dende entón, veuse disputando de maneira ininterrompida ata a actualidade.
As modalidades que compiten nesta proba son K1, K2, C1 e C2, puntuables para a Liga Galega de piragüismo nas categorías sénior, xuvenil, cadete e veterano, masculinas e femininas. A proba pertence ao Grupo 1, converténdoa nunha das competicións con maior cantidade de puntos a repartir, e polo tanto do máximo nivel, dentro da Liga Galega.