O Vello Cárcere, sede de investigación e creación artística, coas Residencias Paraíso

O Vello Cárcere acollerá por segunda vez o programa Residencias Paraíso, un espazo de investigación e creación artística que, ademáis de fomentar novos proxectos artísticos, innovadores, transgersores, reivindicativos e distintos, busca visibilizar entre a sociedade o proceso de creación artística.

Nesta segunda edición, a residente é a artista Bena Baamonde, que desenvolverá o seu proxecto Metodoloxías Carroñeras para Corpos Invertidos, dende hoxe e ata finais de mes, cando terá lugar un encontro aberto á cidadanía sobre o traballo realizado neste tempo, “ata que punto cheguei e como traballei”, indicou Baamonde.

Esta iniciativa está impulsada polo colectivo RPM e conta co apoio da Axencia Galega de Industrias Culturais. Terá lugar, ademáis, en outros concellos galegos como A Coruña, Narón, Ourense, ou Carballo. Estas residencias contan cunha bolsa económica de entre 1.500 e 2.500 euros por proxecto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com