O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde e o Presidente da Liga Santaballesa, Isidro Cillero, presentaron na Casa Habanera de Santaballa as VIII Xornadas sobre Migracións Indianas- Feiras Indianas, que se celebrarán este sábado dia 15 de setembro, nesta parroquia vilalbesa. O Goberno da Deputación é o principal impulsor deste cita, xa que colabora coa Asociación Amigos da Liga Santaballesa cunha achega de 2.000 euros, e tamén a través do CENTRAD cunha demostración de olaría, unha actividade enmarcada no Programa de Promoción da Artesanía.
Vidal Baamonde remarcou que “esta nova edición convértese nunha cita sinalada no calendario para os veciñas e veciñas de Vilalba, xa que a parroquia de Santaballa engalanase para voltar a principios do s.XX, e revivir aquela época das migracións. Ao longodesta xornada haberá exposicións, xantar popular, postos de venda, demostracións de artesanía, fútbol, talleres para nenos e actuacións de música tradicional coa Charanga Santa Campaña, Entre Lusco e Fusco e Cé Orquestra Pantasma”.
Cillero avanzou que este ano como novidade este ano a Feira será o escenario dunha gravación dun mediometraxe que xirará sobre as migracións, un proxecto que se realiza en colaboración cos autores do documental da viaxe de Ruth Matilda Anderson, que xa visitaron a parroquia no mes de marzo.