O voceiro do Goberno Provincial, Álvaro Santos Ramos, participou hoxe na inauguración do máster en Produción de Leite, co que colabora o organismo. Durante o acto, Santos Ramos apuntou que “a ralentización do sector leiteiro ven producido pola falta de estímulo real da profesionalización do sector gandeiro en xeral, e da produción de leite en particular, que se fixo con certo retrase en comparación con outros territorios, que si que asumiron esta actividade como algo de futuro e de vangarda, non como un sector precario e propio de outros tempos”.
Santos Ramos apuntou que “a nosa economía e o noso modo de vida mudaron e, con eles, mudaron as costumes produtivos, os enfoques e os plantexamentos das propias explotacions. É por iso polo que, a comunidade educativa se viu na necesidade de continuar adaptándose a este novo escenario, buscando novas oportunidades e ofertas para atender a realidade”.
“Se en Lugo producimos o 20% do leite que se produce en España, e non producimos máis é porque algo non se ten feito ben ata o de agora, como por exemplo a tan ordenación necesaria do territorio, non so para explotación de traballo agrícola, senón tamén para outras”, apuntou.
“A través deste máster, a universidade promove un feito moi importante, que é ese coñecemento e estudo das necesidades reais do sector. De feito, porque hai unha demanda moi ampla, sobre todo na Cornisa Cantábrica de técnicos especialistas na produción de leite, que saiban abordala, plantexala e planificala desde unha óptica ampla e transversal”.
Santos Ramos apuntou que o máster ten un recoñecemento moi importante, tanto polo altísima calidade de docencia e práctica, así como pola inserción laboral destes profesionais. “É por iso é polo que, dende a Deputación, continuaremos a traballar man con man coa USC, para que o Campus Terra continúe a ser un Campus de referencia”, concluíu.