O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda acompañado da alcaldesa da localidade, Dolores Castro comprobou hoxe in situ as actuacións levadas a cabo nos últimos exercicios no concello de Folgoso do Courel grazas a axudas da Vicepresidencia.
Alfonso Rueda destacou que o concello recibiu preto de 150.000 euros procedentes do Fondo de Compensación Ambiental e da Orde de infraestruturas, aos que hai que sumar outros 68.000 euros do Plan de Camiño. Grazas a estas axudas o concello pode levar a cabo actuacións que benefician directamente aos seus veciños e contribúen decisivamente á mellora da súa calidade de vida.
O Fondo de Compensación Ambiental, permite aos concellos beneficiarse das explotacións eólicas, e no caso de Folgoso, logrou a través da liña competitiva axudas de 70.000 euros, coas que puido mellorar infraestruturas rurais e acondicionar espazos públicos, así como recuperar ambientalmente o entorno do centro de saúde de Seoane.