O Concello expoñerá do 21 ao 27 de setembro o censo electoral, entre o que se sorteará a lista de candidatos a xurado

O Concello de Lugo informa de que dende o día 21 e ata o 27 de setembro estará exposto ao público, nas oficinas municipais, o censo electoral, entre o que se sorteará a lista de candidatos a xurado, co obxecto de que poida ser consultado por todas as persoas interesadas.

A delegación provincial da Oficina do Censo Electoral, tal e como se establece no artigo 13 da Lei 5/95 do Tribunal Xurado, realizará un sorteo sobre as listas do censo electoral vixente. Este sorteo, para persoas candidatas a formar parte do tribunal xurado, celebrarase o 28 de setembro.

O censo electoral poderase consultar durante as xornadas laborais, nas oficinas municipais da Ronda da Muralla, 197. O horario de exposición será de 9:00 a 14:00 horas en días laborais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com