Asociacións de toda a provincia celebrarán o seu día este domingo no Pazo de Feiras

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Lugo e o Presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez, presentaron hoxe a programación do Día do Veciño, que chega xa a súa 17 edición, e que terá lugar o domingo 23 de setembro, no Pazo de Feiras e Congresos da capital lucense. No acto, participaron tamén preto dun cento de representantes de asociacións de veciños da provincia que conforman a federación.

O Presidente do Executivo provincial decidiu renovar a colaboración con esta iniciativa, cunha achega de 15.000 euros. Ademais da colaboración provincial, esta cita, conta co apoio do Concello de Lugo, que asume os gastos de intendencia como mesas, cadeiras, escenarios ou megafonía; así como ABANCA ou GADIS.

Campos Conde subliñou que “non quixemos desaproveitar esta ocasión para estar ao carón dos nosos veciños, pois, como administración pública que somos, debemos estar sempre preto deles, para coñecer as súas necesidades e ofrecerlles as respostas axeitadas”. Ademais, quixo recoñecer a inmensa labor da Federación que, xunto coa Deputación, loita na defensa dos intereses dos veciños da provincia: hemodinámica 24 horas, medicina nuclear ou a mellora do Vello Xeral; o transporte público ou as axudas da PAC, entre outros…

Pola súa banda, Jesús Vázquez agradeceu a colaboración dos Gobernos Provincial e Municipal “que sempre amosaron a súa disposición por colaborar connosco, tendéndonos a man e recibíndonos sempre coas portas abertas”.

Un dos obxectivos deste encontro é a entrega dos premios V de Veciños. Trátase duns premios cos que se homenaxea e recoñecen a labor socios que, no decorrer deste ano, destacaran por desempeñar un especial protagonismo a prol da dinamización e promoción da súa comarca, e polo tanto da provincia. Neste ano serán galardoados, por exemplo, o voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, o Alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico, ao CB Breogán, así como a medios de comunicación e empresarios lucenses comprometidos coa provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com