Falece o Secretario da Deputación de Lugo, Cristóbal Víctor Fraga

O Secretario da Deputación de Lugo, Cristóbal Víctor Fraga Bermejo, faleceu na tarde de onte de maneira repentina mentres gozaba das súas vacacións. O que foi Secretario da entidade provincial dende abril do 2017 atopábase nun bo estado de saúde.

A Deputación fixo hoxe unha declaración institucional, asinada polo Presidente, Darío Campos, transmitindo o pésame de todos os traballadores da entidade e as condolencias aos familiares, en especial á muller e ás fillas de Fraga Bermejo.

Licenciado en Ciencias Políticas e en Dereito, desempeñou as funcións de Habilitado Nacional nos Concellos de Pobra do Caramiñal, Cedeira, Negreira, Lousame, Vimianzo, Guitiriz e Malpica, así como Secretario Xeral do Concello de Betanzos, e dende o mes de abril de 2017 era o Secretario Xeral da Deputación de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com