Medio Ambiente investirá 40.800 euros para recuperar o monte de Trascastro, no Incio

A Consellería do Medio Rural vén de contratar un proxecto de reforestación que afectará a 20,82 hectáreas no monte de Trascastro, na parroquia de Santa Eulalia de Trascastro, do Concello do Incio.

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a Xunta investirá 40.800 euros na iniciativa, que suporá a plantación de 26.035 exemplares de piñeiro -en concreto, 17.350 unidades de Pinus sylvestris e 8.685 unidades de Pinus pinaster-.

Balseiro explicou que o obxectivo da intervención é recuperar unha área que se viu afectada por un incendio forestal o pasado ano, que causou a destrución en superficie de, polo menos, o 20% do potencial forestal. Cabe lembrar que o monte está incluído en zona de alto risco de incendio forestal segundo a Orde do 18 de abril do 2007, pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal.

Con esta actuación, evítanse episodios de escorrenta e perdas de solo “e retómase o aproveitamento do monte, de forma que volva a ser produtivo e a xerar beneficios económicos, sociais e medioambientais para os veciños e veciñas do entorno”, sinalou o delegado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com