O voceiro do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, desvelou hoxe que o goberno local levará ao pleno unha serie de facturas para o seu debate e posterior votación, unhas facturas das que, “curiosamente”, desapareceu a cena dos sindicalistas “afins cos socialistas” que foron a Madrid a unha manifestación polas pensións.
Antonio Ameijide recorda o freo que puxo o seu partido “a esa factura en concreto” por “responsabilidade” xa que “non podemos consentir” que os lucenses e as arcas municipais asuma nos gastos derivados dos actos de representación da alcaldesa.
Agora, o voceiro popular lanza outra pregunta á rexedora, xa que quere saber se o hostaleiro cobrou esa factura, da que se tiña que “facer cargo” a propia alcaldesa do seu peto ou, no seu defecto, o partido socialista.
A cantidade total que sobre a que se debaterá no pleno ascende a 130.033,18€, un importe no que a maior parte corresponde a facturas eléctricas, facturas que non teñen reparo de legalidade, pero sobre as que o interventor reitera a necesidade de redactar os pliegos para a licitación dun contrato que permita unificar estas facturas para “arbitrar medidas de xestión que posibiliten o seguimento por parte das unidades xestoras responsables do gasto do estado de tramitación e execución dos respectivos expedientes”.
Ademais, o interventor segue a poñer reparos ás facturas argumentando que “non consta a instrución de procedementos de contratación nin contratos que sirvan de soporte documental” ás facturas relacionadas, sen esquecer que os gastos detallados “non se axustaron ós tramites legais sinalados na lexislación vixente de contratación pública”. Incluso, o interventor sinala que, nalgún caso, dáse a “inexistencia de contrato administrativo en vigor subscrito coa empresa emisora das facturas”.
Afirmacións efectuadas polo interventor municipal que apoian a denuncia presentada onte polo Grupo Municipal do Partido Popular no xulgado ante uns posibles delitos de prevaricación e malversación, xa que, segundo confirmou Antonio Ameijide, “atopámonos con que en cada pleno se acredita que a vía administrativa se esgotou” xa que Lara Méndez e o seu equipo de goberno pensan que están por enriba de la lei na tramitación dos contratos o que “xustifica”, aínda máis, a denuncia presentada onte.