Sarria reduce a delincuencia nun 2,98% no último ano

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e a alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, copresidiron esta mañá a reunión da xunta local de seguridade do municipio, na que analizaron a evolución da delincuencia durante o ano pasado e informaron das accións que se desenvolveron no último curso académico para mellorar a convivencia e a seguridade nos centros de ensino de Sarria, entre outros asuntos. Ademais da subdelegada e da alcaldesa, na reunión participaron representantes da Garda Civil, o Subsector de Tráfico, a Policía Autonómica e a Policía Local.

Tanto a subdelegada do Goberno como a alcaldesa de Sarria constataron na reunión o descenso da delincuencia rexistrada ao longo do ano pasado no municipio, que experimentou unha diminución do 2,98% respecto do ano anterior.

Segundo os datos oficiais presentados esta mañá pola xunta local de seguridade, a taxa de criminalidade en Sarria sitúase nas 24,33 infraccións por cada mil habitantes, esta cifra é máis de tres puntos inferior á media galega e 19 puntos e medio menos que a media española.

As estatísticas da Garda Civil que se espuxeron na xuntanza revelan que a delincuencia experimentou un descenso do 2,98% en Sarria no ano 2017 con respecto ao ano anterior. A taxa de esclarecemento dos delictos de maior consideración (graves e non graves) foi do 64,37%, xa que se resolveron 103 dun total de 160, o que supón un aumento de 3,48% puntos porcentuais respecto ao ano anterior, cando se resolveran 95 dos 156 delictos de maior gravidade coñecidos. Ademais, os axentes da Garda Civil de Sarria detiveron o ano pasado 46 persoas pola súa presunta participación en feitos constitutivpos de delicto e investigaron outras 53.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com