Martínez insta ao Goberno provincial a que explique por que “censuran” o seu currículum na nova web institucional

O deputado non adscrito e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, denunciou hoxe que o goberno da Deputación censurou, dixo, parte do seu curriculum na nova páxina web que a administración provincial vén de presentar. Martínez quere saber con que fin eliminan parte dos seus datos dado que gran parte da veciñanza xa os coñece.

O becerrense considerou que non é de recibo, por parte do organismo, censurar a súa traxectoria como político. Martínez esixe ao Presidente da Deputación e aos responsables da páxina web, que expliquen publicamente os motivos polos que decidiron censuralo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com