Burela homenaxea ao barco museo Reina del Carmen

Xornada moi emotiva a vivida hoxe en Burela nos actos de homenaxe ao barco museo Reina del Carmen. Cúmprense 50 anos da súa primeira saída ao mar e o Concello quixo celebralo coas tripulacións deste boniteiro convertido hai anos no primeiro museo flotante de España, co obxectivo de achegar o mundo da pesca á poboación da zona e aos turistas. Foron 30 anos surcando os mares e capturando bonito e moitas as historias vividas a bordo.

Tripulantes e guías do Reina del Carmen foron os protagonistas deste día no que estiveron acompañados e arroupados polo alcalde de Burela, Alfredo Llano, polo concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, por autoridades políticas locais, provinciais e autonómicas e por representantes de Absa e da confraría de pescadores burelesa. Este sábado celebrouse unha charla, houbo entrega de agasallos e visita ao boniteiro homenaxeado. Xa pola tarde tivo lugar unha xornada de portadas abertas para que todos os que o desexasen puidesen visitar o barco museo Reina de Carmen.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com