Falece un home en Mondoñedo ao quedar atrapado debaixo do tractor que manexaba

Un home perdeu a vida esta tarde en Mondoñedo despois de que o tractor que manexaba envorcase nunha leira. Segundo os datos facilitados polos 112 Galicia, a vítima mortal quedou atrapada debaixo do vehículo agrícola.

Sucedeu ao fío das 17:00 horas, á altura de Pardiñas, na parroquia de Argomoso. O 112 Galicia tivo constancia do accidente a través do 061-Urxencias Sanitarias e, nada máis recibir o aviso, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Barreiros, de Protección Civil e da Garda Civil.

Unha vez no lugar dos feitos, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Barreiros confirmaron ao 112 Galicia que o home xa se atopaba accesible, polo que descartaron empregar o material de excarceración.

A pesar de todo, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida ao varón.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com