Lugonovo pídelle á alcaldesa que conte a verdade sobre o convenio do Centro Integral de Saúde

Lugonovo solicitará que a alcaldesa explique pormenorizamente en Comisión a qué compromete o convenio asinado o pasado venres co conselleiro de Sanidade para o Centro Integral de Saúde da Residencia. “Hai moita opacidade nese documento, en tanto non quedan ben definidos nin os prazos, nin as cantidades, nin tampouco os conceptos da futura aministía fiscal coa que a rexedora vén de agasallar á Xunta”, advirte a voceira da agrupación, Cristina Pérez Herráiz.

A portavoz do Grupo Municipal abonda en que “Lara Méndez minte. Minte ou non sabe o que firma. Porque non pode trasladar que o executivo galego quedará exento do IBI do coñecido como Materno, cando no cuarto punto do acordo que rubricou figura ben claro que esa bonificación afecta a todos os centros sanitarios de titularidade da Comunidade Autónoma ou do Sergas”.

“Canto nos vai costar iso, señora Méndez? – inquire a voceira de Lugonovo – se nin vostede mesma é capaz de concretar a cántos edificios inclúe, nin por cánto tempo! Ou será que non quere revelalo para que a cidadanía lucense non descubra o tipo de pactos que está disposta a formalizar co PP?”.

En alusión á aplicación da rebaixa das taxas prevista, Pérez Herráiz pregúntase tamén por que o goberno “se empeña en maquillar a realidade se tan orgulloso está da súa xestión”. “Que aínda non se pode estimar a contía destas exencións, porque só se efecturarán cando entre funcionamento o Centro Integral é outra das posverdades referidas pola alcaldesa. O punto sétimo do texto di claramente que o protocolo entrou en vigor o mesmo día da súa sinatura, pero é que ademais recolle que tódalas prebendas que contempla poderarán prorrogarse outros catro anos a maiores dos previstos. Unha auténtica hipoteca para o Concello á que, dende Lugonovo cremos, o executivo socialista sucumbiu, como xa fixo co equipamento do novo Auditorio, priorizaron os seus intereses partidistas”, conclúe Cristina Pérez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com